jueves, 17 de noviembre de 2022
lunes, 14 de noviembre de 2022
O alumnado de primeiro e segundo está a estudar os cambios metereolóxicos no outono.
Fixeron un mural onde podemos ver diferentes aparatos para facer este estudo e montaron unha pequena estación metereoilóxica no corredor!
Rematamos libro no club de lectura, Alexandre e Román dannos a súa opinión:
domingo, 13 de noviembre de 2022
Xa tedes a vosa disposición, unha nova entrega de CIENCIA EN FAMILIA.
Esta vez, da man de Álex, Aroa e Teresa descubriremos a relación entre a ciencia e os sons.
Non vos perdades a sorpresa final!
viernes, 11 de noviembre de 2022
Atención familias!
En breve chegaravos ás casas unha nota informativa sobre dúas actividades novas para as familias:
A MOCHILA VIAXEIRA FAMILIAR e o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.
Na mochila viaxeira haberá contido dirixido, sobre todo, a público adulto.
O club de lectura está pensado para nais, pais, avós, avoas, irmáns e irmás (adultos ou case adultos).... que lles guste ler e queiran compartir esta afección. Haberá unha única reunión por cada libro.
Se queredes participar nalgunha destas actividades tedes que cubrir a folla que vos chegará a vindeira semana e poñerémonos en contacto convosco.
Coma sempre, se tedes dúbidas trataremos de resolvelas en bufolector@gmail.com
jueves, 10 de noviembre de 2022
A vindeira semana (do 14 ao 20 de novembro) é a SEMANA DA CIENCIA e a entrada aos museos científicos de A Coruña é gratuita. Lembrade que si queredes ir ao Aquarium hai que reservar.
Preme na imaxe para máis información.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Aproveitade para experimentar!

.jpg)



