martes, 10 de enero de 2023
Xa deu comezo esta nova actividade que, de seguro, virá acompañada de grandes momentos!
Este é o libro escollido para iniciarnos:
lunes, 26 de diciembre de 2022
Xa podedes ver unha nova entrega do noso CIENCIA EN FAMILIA:
jueves, 22 de diciembre de 2022
Hai uns días que o sabemos pero non tivemos tempo a anuncialo.
O Ministerio de Educación deunos un segundo premio pola nosa participación no concurso Clubs de Lectura do 2021-2022 na categoría de primaria.
Aló vai a nosa recomendación de lectura para este nadal:
o Pregón Decembro 2022 by María Bermúdez Parapar on Scribd
miércoles, 21 de diciembre de 2022
Hoxe tivo lugar na biblioteca do Bufolector o I CONCURSO DE CIRCUITOS DE CANICAS, para iso as familias tiveron que botar man da CIENCIA e da imaxinación e traballaron moitísimo para mostrarnos as súas creacións:
Queremos dar as grazas a todas as familias que se achegaron hoxe á biblioteca para compartir connosco este momento.
Pero, sobre todo, queremos AGRADECER MOITÍSIMO a todos aqueles que participaron no concurso, superáchedes as nosas expectativas con creces e fixéchedes a nosa tarde moi divertida.
Por certo, NORABOA AOS CAMPIÓNS!
O alumnado de 4 anos preparou este fantástico video para felicitarnos a todos o nadal:
















