miércoles, 22 de febrero de 2023

QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO

 É o novo libro que estamos a ler no club de lectura e do que falaremos con Andrea Maceiras, a autora, o vindeiro luns.





lunes, 20 de febrero de 2023

OBRADOIROS CIENTÍFICOS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil comezamos a celebrar o entroido cuns obradoiros moi científicos.

O primeiro que fixemos foi ver a peli "Más allá de la luna" onde unha nena científica, ten que deseñar unha nave para poder viaxar á lúa. Non faltaron nin as palomitas!

Despois dividímonos en equipas e fumos pasando polos diferentes obradoiros: escultura, onde deseñamos diferentes figuras relacionadas co espacio; caroutas, onde fixemos o noso propio casco de astronautas; photocall, onde deseñamos un mural espacial e; cociña, no que fixemos unhas naves espaciais que estaban moi saborosas!


martes, 14 de febrero de 2023

EXPERIMENTANDO CO BUFO

 Este ano case non hai tempo para facer as cousas, así que imos máis lentos, pero que con paso firme.

Xa temos o cartel do noso proxecto:

A que quedou xenial?


lunes, 13 de febrero de 2023

UNHA AVOA DE GOYA

 Hoxe queremos dar a NORABOA  a Chelo Loureiro, avoa de Nico e Marco porque este fin de semana gañou o seu terceiro GOYA pola película de animación UNICORNIO WARS.


Chelo é productora e directora especializada en cine de animación. É a fundadora de ABANO PRODUCIÓNS. Ademáis cando traballamos o proxecto do cine ela estivera polo cole falándonos do seu traballo.
É un orgullo de muller que está a levar o cine de animación galego ao máis alto.
NORABOA!!!!!!!!


sábado, 11 de febrero de 2023

11 de febreiro: POR QUE CELEBRAMOS ESTE DÍA?

 Hoxe celebramos o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, afortunadamente estas novas xeracións non teñen prexuizos. Quen sabe se estamos ante os futuros científicos? Dende logo, levan un bo camiño....





viernes, 10 de febrero de 2023

O QUE SEI DO SILENCIO

 Comezamos novo libro no club con moi boas expectativas:


CIENCIA EN FAMILIA CON MATEO

 Xa temos dispoñible un novo capítulo de experimentos: