sábado, 28 de octubre de 2023

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 Da comezo o II Club de Lectura de Familias do Sofía Casanova.



Parece que vai estar interesante.....





jueves, 26 de octubre de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.



Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.


Logo tocoulle o turno a Sofía, que xunto aos seus pais, Bea e Nacho fixéronnos rir con Voy a comedte.

Seguidamente, Aroa, apoiada por Álex, o seu pai conmoviunos con Te quiero casi siempre.


E, para rematar, Chloé co seu pai Marcos ensinando as imaxes interpretounos Mi piojo y yo. 

GRAZAS A TODOS os que hoxe vos puxéchedes diante  e nos agasallástedes con esta bonita tarde.
E, por suposto, a aqueles que viñéchedes a escoitar!
A FAMILIA MEDRA!








UN SAMAÍN DE CONTOS

 Xa temos preparadas as lecturas para facer que este samaín sexa máis divertido:




Cal vas escoller?


martes, 24 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, as mochilas do Bufolector comezan unha nova andadura.

Este é o seu contido


Esperamos que vos gusten!



Carta Mochila by Bufolector on Scribd





CONTACONTOS EN FAMILIA

 Lembrade que este xves ás 17:00 temos unha cita!



lunes, 23 de octubre de 2023

LOS PLANTASUEÑOS

 Creo que con este nome non fai falta que expliquemos moito a que se dedican estas personas.

O caso é que así comezamos a primeira sesión do club de lectura co segundo grupo:



E a rematamos sacando todo o que temos nós de Plantasonos e tratando de facer un pouco máis feliz á xente coa que convivimos.












viernes, 20 de octubre de 2023

LOS QUEBRANTASUEÑOS

 Hoxe temos a nosa primeira sesión de club de lectura con este libro.


Pouca presentación necesita porque vendo a ilustración e coñecendo un pouco á autora, Susana Isern, xa sabemos que é unha xoia con envoltura de libro.
Máis aló do mundo fantástico que nos amosa, Los quebrantasueños fala, en realidade, do poder das palabras, de como unha palabra dita no momento oportuno pode cambialo todo.
Esperamos que despois de lelo teñamos un mundo con máis Plantasueños!

Deixámosvos varios enlaces por se queredes mergullarvos neste mundo:

SUSANA ISERN

Entrevistas: RZ100arte

ESTHER GILI
Entrevistas: Toledodiario