lunes, 31 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS

 Continuamos introducindo ao alumnado en xogos coa baralla española. O pasado venres tivemos un obradoiro de xogos para tercero e cuarto.




jueves, 27 de marzo de 2025

SOFICRA

 Onte tivo lugar a segunda das nosas reunións trimestrais cos mestres do CRA de Culleredo e as profes que se incorporaron este ano do IES Rego de TRABE.

Coma sempre, foi unha sesión de CLUB DE LECTURA fantástica onde intercambiamos as nosas opinións sobre o libro de Edurne Portela, Formas de estar lejos. 



miércoles, 26 de marzo de 2025

XA ESTÁ AQUÍ, XA CHEGOU!!!!


O BUFOPREGUNTÓN


A primeira pista sairá o LUNS 31 DE marzo!!!!!


Lembramos o modo de participación:


- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.


Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder  na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)


- A temática é GALICIA.


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 


Xa sabedes... a investigar en familia!


As pistas sairán ás 16:15 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 31 DE MARZO!!!!!




martes, 25 de marzo de 2025

CONCURSO MONUMENTOS DE GALICIA

 Acaba de chegar á biblioteca o segundo monumento para o concurso!


Noraboa a Anael e á súa familia por esta obra de arte!



viernes, 21 de marzo de 2025

XORNADAS PLAMBE

 Onte tivemos en Santiago a formación para os coordinadores de Bibliotecas Plambe. 



martes, 18 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS

 Atención!!!!

Houbo un cambio de data!

Por motivos técnicos o obradoiro de 3º e 4º farase o VENRES 28 DE MARZO  en lugar do mércores 26 como estaba previsto inicialmente.


Lembrade que neste obradoiro xogaremos a un xogo de cartas típico en Galicia.


jueves, 13 de marzo de 2025

REVISTA ESCOLAR DO ENTROIDO

 O EDLG vén de publicar a revista que fixemos entre todos! NON A PODES PERDER!