viernes, 30 de noviembre de 2018

OS CONTOS DE SEGUNDO

Esta semana tivemos novos contadores que alegraron aos pequenos e pequenas de infantil:

 LUCÍA E PABLO

DIEGO, ÉRIKA E XARE

Bravo por eles!

jueves, 29 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa temos o vídeo do DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, bravo polos nosos nenos e nenas!!!
A música e a canción é de Rozalén.

martes, 27 de noviembre de 2018

OS GRANDES CONTADORES DE SEGUNDO

Estes nenos e nenas de segundo están a prepararse estupendamente e axiña van a substituir ás familias en "Contacontos en familia", se non o credes mirade as caras dos pequenos e pequenas que están a escoitar a estos "maiores":

Alexandre e Henar


Adrián , Alba e Juan

NORABOA !!!

Non vos esquezades de mirar de cando en vez, o blog de segundo:

ESTA SEMANA ENTRAMOS CON...

... CHAPLIN!

Actor, director, guionista, productor, montador e músico,  conxugou perfectamente o drama e o humor, a comedia e a traxedia.
A súa primeira película foi "O chico" en 1921, que é a historia dun vagabundo que adopta a un pequeno e convírtese no mellor pai que alguén poida desexar.
A partir de aquí comeza unha carreira con moitas películas para a historia, moi coñecidas son as de "Charlot", "Tempos modernos", "Candilexas","Luces da cidade",  "A quimera do ouro"... e sen dúbida algunha "O gran dictador", na que interpreta a Hitler, película que estivo prohibida en Alemaña e España durante un tempo. Hai quen di, que Hitler tiña envexa da paixón que arrastraba Chaplin e por iso deixouse un bigote como o do actor.
Pero Chaplin só gaña un Óscar en toda a súa carreira e foi pola música de "Candilexas", pero en 1972, xa ancián, recibe un Óscar honorífico a súa carreira e recibe unha ovación do público de 12 minutos.
Deixámosvos unha biografía do artista e o enlace a súa páxina oficial.






E recomendámosvos este libro que temos na biblioteca sobre el:

lunes, 26 de noviembre de 2018

AS 50 MELLORES PELÍCULAS DA HISTORIA...

SEGUNDO A IMDB (A Internet Movie Database é unha base de datos en liña que almacea información relacionada con películas, persoal de equipo de producción, actores, series de televisión, programas de televisión...)

"Entre as películas máis valoradas polos usuarios da base de datos IMDB encontrámonos con cinco películas dirixidas por Christopher Nolan, tres por Spielberg, dous por Hitchcock e Chaplin e só unha de directores tan prestixiosos como Tarantino ou Polanski. Hai dúas películas estreadas en 2014 e non son ni 'Boyhood' ni 'Birdman'. Unha soa película de animación e non é de Pixar. Dous películas totalmente descoñecidas polo gran público: unha turca e unha india. Ningunha española. E non está 'Cidadán Kane'!" (Fonte revista "Fotogramas").

(Pincha na imaxe para seguir o artigo)

sábado, 24 de noviembre de 2018

Os instantes perfectos no club de lectura


Xa rematamos o noso primeiro libro :
Parece que tivo boa acollida e que todos o recomendan:



jueves, 22 de noviembre de 2018

UN CONTIÑO DE MORRIÑA

Hoxe, na hora de ler, a profe Vero de 2º A deixoume poñer en práctica co seu alumnado un contiño que aprendín hai pouco.
Logo, abusei da confianza e contei un dos meus contos preferidos "La gallina hambrienta". Foi un auténtico pracer volver a estar un pouquiño con parte dos "meus nenos e nenas" (aínda que faltaban bastantes) os pequenos agradecérono. Só verlles as caras mentres están a escoitar é un gran agasallo.
Haberá que repetir!
 Gracias profe Vero!!!