jueves, 31 de marzo de 2022
Despois de moito agardar xa temos o rock da biblio para que o poidades escoitar cando queirades!
(Pinchade no Bufolector)
martes, 29 de marzo de 2022
Lembramos o modo de participación:
- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.
- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos empezan o luns da semana correspondente.
- Cada día sairá unha pista nova.
-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.
-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.
- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes)
- A temática é a VIDA SAUDABLE (cos 4 eixes que estamos a traballar na escola: coidado dun mesmo, coidado da contorna, educación emocional e uso responsable das tics).
A familia que o acerte de primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible.
Xa sabedes, a investigar en familia!
Como novidade, este ano, as pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación.
Comezamos o LUNS 4 de abril!!!!!
lunes, 28 de marzo de 2022
Os robots son moi motivadores, así que aproveitamos este feito para traballar moitísimas cousas, mirade:
sábado, 26 de marzo de 2022
miércoles, 23 de marzo de 2022
Pis aquí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu no noso tradicional CERTAME DE POESÍA:
3 anos:
martes, 22 de marzo de 2022
Este é o título do audioconto que fixo o alumnado de quinto, ilustrado e narrado por eles, mirade, mirade:
lunes, 21 de marzo de 2022
Por fin chegou a primavera! E, como cada ano, tróuxonos o DÍA DA POESÍA.
Xa están os nosos pequenos e pequenas poetas preparados para o noso tradicional RECITAL DE POESÍA, que se fará hoxe e mañá na hora de ler.
Mentres esperamos para ver o ben que o fan déixovos unha recomendación de lectura sobre GLORIA FUERTES, unha das poetas infantiles máis recoñecidas:
















