jueves, 9 de enero de 2020
Este venres chega a primeira eclipse de Lúa do 2020
Será unha eclipse penumbral, na que o noso satélite natural non chega a ocultarse completamente na sombra da Terra
Chega a primeira eclipse de Lúa do ano 2020. Este venres, a Terra vai interpoñerse entre o Sol e o noso satélite natral, deixando a Lúa na zona de penumbra, o que provocará que baixe a intensidade do seu brillo.
A eclipse chegará este venres pola tarde e alcanzará o seu máximo ás 20:10 da tarde hora peninsular coincidindo coa primeira Lúa Chea do ano. Europa, Asia, África e Australia serán os lugares nos que poderá observarse este fenómeno. En Galicia, están previstos ceos despexados para esa hora…
A característica común que define ás eclipses lunares deste ano é que todas elas serán penumbrais ou Apulso, é dicir, a Luna pasará a través da penumbra terrestre facendo que o satélite se escureza de xeito sutil durante un período de tempo concreto. Este tipo de eclipses poden verse a primeira ollada pero se aconsella o uso dun telescopio ou instrumento de visión aumentada para gozar mellor a experiencia.
Para a seguinte eclipse de Lúa haberá que esperar ao 5 de xuño e cun mes exacto de diferenza, o 5 de xullo, poderase ver a terceira. A derradeira eclipse de Lúa do ano chegará o 30 de novembro. Desde Galicia van ser visibles todas as eclipses con excepción da última delas, da que só poderá gozar a xente que se atope en América e Asia.
NON VOLA PODEDES PERDER!
FONTE: https://www.gciencia.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Vale
Publicar un comentario