lunes, 16 de marzo de 2020

MARATÓN DE POESÍA

Como xa sabedes, esta semana íamos a celebrar o DÍA DA POESÍA. 
Dende a biblioteca do BUFOLECTOR queremos propoñervos que o fagamos igual.

Como? Grabádevos recitando a poesía que xa tiñades preparada (podedes sair nenos/as sos, con papá, mamá a irmá o irmán...) ou preparade unha nova. LEMBRADE QUE PODE SER EN CALQUERA IDIOMA.

Mandádea ao correo do bufolector: bufolector@gmail.com e logo estaremos todos un pouco máis unidos véndonos no blog.

Aproveitade tamén para facer novas poesías, como por exemplo CENTÓNS:

Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros autores. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A gracia dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora poden utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo autor. Anímaste a centonear?

FONTE: aulasgalegas.org

A QUE ESPERADES? A RECITARRRRRRRR

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale

Abadiño dijo...

Que actividade máis chula, co voso permiso copiámola para o CEIP. Lamas de Abade. Saúdos.

Biblioteca Ceip Sofía Casanova dijo...

Por suposto. Que a poesía non falte en ningún recanto da nosa comunidade

Publicar un comentario